UNHA VISITA MOI ESPECIAL

E como colofón deste trimestre de aprendizaxes visitounos... Juan Saavedra, medallista paralímpico pontevedrés de tiro adaptado. Este deportista consagrado perdeu unha parte do seu brazo a causa dunha enfermidade, tema central da nosa investigación neste primeiro trimestre. O noso alumnado tivo a oportunidade de facerlle preguntas moi interesantes sobre a súa carreira profesional. As alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de constatar que a capacidade de superación, a constancia e o esforzo son a chave do éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario