CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO

     Foron varias as actividades coas que conmemoramos o 23 de abril, Día do Libro. Instalamos un recuncho bookface na biblioteca, fixemos varios storytelling en colaboración coa teacher Ana e Yasmin e, organizamos a primeira edición do concurso "Recreador de portadas". Participaron moitas familias e, despois das votacións do alumnado, proclamáronse dous gañadores Dani de 5º de primaria e Leo de 5º de infantil. Agasallamos aos dous afortunados e tamén aos demais por ter participado no concurso. Repetiremos!

OBRADOIRO PRODUTOS NATURAIS

Contribuimos co obxectivo de desenvolvemento sostible "Acción polo clima" con produtos caseiros e naturais libres de produtos químicos e tóxicos para o medio ambiente. Aprendemos a elaborar xabóns, labiais, velas e teas enceradas con "ingredientes saudables" para o noso planeta🌱🍃🌏
 

"DANDO A CHAPA COA PAZ"

     O alumnado do terceiro ciclo exerceu de contacontos nesta data tan sinalada. Prepararon catro contos: "Paxaro amarelo", "Carpinchos", "Nadarín" e "Wangari" e despois de escenificalos aos seus respectivos cursos, as alumnas/os deseñaron unha chapa relacionada co conto ou coa paz. A continuación, na aula de polos creativos, démoslle forma á nosa chapa. Por último, intercambiamos as chapas ao chou. Démonos de conta de que, para as nenas/os, resulta complicado agasallar algo si o que reciben a cambio non vai superar as súas expectativas. Pero, a paz, moitas veces "vai diso": dar sen esperar. 

TROCO SOLIDARIO

     Todo o alumnado participou na promoción e difusión deste troco solidario no que se intercambiaron libros por alimentos. Unha iniciativa solidaria para contribuir coa redución das desigualdades (ODS 10). Grazas a todas as persoas implicadas e solidarias que o fixeron posible.



II RECREO CULTURAL: CONCERTO

     Uxía, Diego e Zaira de 6º e Mateo de 5º de primaria deleitáronos con catro pezas musicais durante o recreo🎶.O público, de todas as idades, animou moito aos nosos artistas 👏. Parabéns pola vosa actuación! 😍


25N. HOXE E SEMPRE.

      Desde o equipo de biblioteca queremos ofrecervos diferentes opcións para interiorizar a igualdade desde idades temperás. Todos os libros recomendados, xunto con outros exemplares, están dispoñibles na nosa biblio. 


PARABÉNS ZAIRA!!!

         Zaira, a nosa compañeira de 6º de primaria foi a gañadora do I Concurso de microrrelatos de Samaween. Un traballo fantástico Zaira. Parabéns! Disfruta do cine!